Pase libre do documental “Unitarias” no Festival Internacional de Cine de Ourense o 20 de novembro ás 20:00 no Auditorio Municipal

O venres 20 de novembro, na Sala Vermella do Auditorio Municipal, ás 20:00 e dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense, terá lugar o pase do documental “Unitarias” dentro da sección “Sesións Especiais“. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.

Pase OUFF

 

Advertisements

Pase libre do documental “Unitarias” no festival Cineuropa no Auditorio de Galicia o luns 9 de novembro ás 20:00

As persoas que estean interesadas en ver o documental Unitarias poderán facelo o vindeiro luns 9 de novembro no Auditorio de Galicia (Sala Mozart) ás 20:00 dentro do festival Cineuropa. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.

Pase Cineuropa

A Revista Galega do Ensino (EDUGA) publica un extenso artigo sobre o documental “Unitarias. Historia dun mestre galego”

A Revista Galega do Ensino (EDUGA) ven de publicar na súa sección “A nosa escola” un extenso artigo sobre o documental “Unitarias. Historia dun mestre galego (1961-1996)”, centrado na peripecia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Tuñas nas escolas rurais galegas. Portada EDUGA Xuño 2015O artigo ofrece, ademais, fragmentos significativos do documental e breves referencias á documentación e á lexislación que acompañou ao mestre nos seus máis de trinta e cinco anos de profesión. Interior EDUGA Xuño 2015

Pase do documental “Unitarias. Historia dun mestre galego” hoxe sábado 13 de xuño de 2015 ás 21:00 na Casa da Cultura de Outes

Anuncio pase Unitarias Outes La Voz de Galicia Barbanza

Como se recorda na axenda da edición do Barbanza de La Voz de Galicia hoxe sábado 13 de xuño de 2015 ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Outes terá lugar a proxección de balde do documental “Unitarias. Historia dun mestre galego“.

O pase irá seguido dun coloquio cos protagonistas do filme. Un estupendo plan para unha tarde de chuvia.