A Revista Galega do Ensino (EDUGA) publica un extenso artigo sobre o documental “Unitarias. Historia dun mestre galego”

A Revista Galega do Ensino (EDUGA) ven de publicar na súa sección “A nosa escola” un extenso artigo sobre o documental “Unitarias. Historia dun mestre galego (1961-1996)”, centrado na peripecia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Tuñas nas escolas rurais galegas. Portada EDUGA Xuño 2015O artigo ofrece, ademais, fragmentos significativos do documental e breves referencias á documentación e á lexislación que acompañou ao mestre nos seus máis de trinta e cinco anos de profesión. Interior EDUGA Xuño 2015

Advertisements

1962-1963: Unha escola rural masificada con recursos moi escasos

Se a masificación supoñía un esforzo e un gasto de tempo e enerxía para manter a orde nas aulas, a isto xuntábaselle unha escaseza grave de recursos que non iba parella aos avances económicos dos anos sesenta:

Condicións-José-Alberto-Sacido

Unha situaciòn moi diferente á exposta polos noticiarios do réxime, tal e como se pode ver neste fragmento do NODO do 7 de novembro de 1960 titulado “OPERACION ESCUELA”:

Operación EscuelaA  noticia pode verse pulsando o terceiro rótulo “INAUGURACION EN EL MINISTERIO DE LA VIVIENDA DE UNA EXPOSICION DENOMINADA “OPERACION ESCUELA” BAJO LA PRESIDENCIA DEL MINISTRO DE EDUCACION” (Minuto 1:34).

1962: O mantemento da orde con 60 ou 70 alumnos por clase

Don Manuel Canay Creo é unha institución na Serra de Outes. Un mestre case centenario que concerta unanimidades pouco frecuentes, como a do pleno municipal que no 2006 o nomeou fillo predilecto do concello. En setembro de 1962, como mestre-secretario de Outes, certifica a toma posesión de José Alberto Sacido no seu segundo destino provisional, unha unitaria masificada.

Toma-de-posesión-de-Outes

Un dos retos básicos era o mantemento da orde:

Disciplina-Manuel-Canay

1961-1962: Un sistema educativo “nacional-católico” nacido en 1857

Escola-franquista

Durante o seu primeiro ano na escola unitaria de Camboño José Alberto atópase unha escola idéntica á que viviu como alumno a principios dos anos 40. Un sistema educativo nacido en 1857 coa publicación da coñecida como Lei Moyano, a Lei de Instrución Pública de 9 de setembro que, o 10 dese mes, sae publicada na Gaceta de Madrid:

A principios dos 60 a escola primaria remataba, no mellor dos casos, aos 12 anos e abría as portas a unha inmensa minoría á educación secundaria, á que se accedía con 10 anos. O bacharelato elemental duraba 4 anos e remataba cunha reválida. O superior duraba 2 cursos e tamén culminaba cun exame de grao. O proceso remataba cun curso pre-universitario dun ensino secundario elitista e fundamentalmente en mans de entidades privadas, sobre todo ordes relixiosas e academias preparatorias.

A pesar do intento non consolidado durante a II República de reformar o sistema educativo, a Lei Moyano sobrevive coas matizacións feitas no inicio do franquismo; nomeadamente, as da Lei de 17 de xullo de 1945 sobre Educación Primaria, publicada o moi sinalado día seguinte no Boletín Oficial do Estado:

Moi claro queda xa no seu preámbulo que “la escuela en nuestra Patria ha de ser esencialmente española. Y en este aspecto, la ley se inspira en el punto programático del Movimiento Nacional por el que se supedita la función docente a los intereses supremos de la Patria”. Unha idea que se remacha ao final desta introdución aseverando que “esta gran empresa […] significa la supervivencia del espíritu del Movimiento en el futuro de España a través de las generaciones infantiles”.

Pero aparte de “Nacional” e “Patriótica” a escola era, sobre todo, “Católica”:

“La nueva Ley invoca entre sus principios inspiradores, como el primero y más fundamental, el religioso. La Escuela española, en armonia con la tradición de sus mejores tiempos, ha de ser ante todo católica”.

1961: Toma de posesión na escola de nenos de Camboño (Lousame)

Nomeamento-Camboño-1961webA finais de setembro de 1961, e coa toma de posesión na man, José Alberto Sacido Tuñas chega á “Escuela Nacional Camboño, unitaria” no concello de Lousame. E isto faino en cumprimento do disposto na “Orden de 18 de agosto de 1961 (B.O.E. del 26) que aprueba expediente de oposición a ingreso en el Magisterio Nacional y Resolución de 15 de septiembre de 1961 (B.O.E. del 18) y acuerdo de la Comisión Permamente del Consejo Provincial de Educación Nacional de La Coruña”.

O salario, destacado en negriña, é un “haber anual de dieciseis mil novecientas veinte pesetas, dos mensualidades extraordinarias y demás emolumentos legales”. Un soldo co que consegue comprar unha gabardina por Nadal a base de aforrar boa parte das 1410 pesetas mensuais.

Para entendelo en termos comparativos, R. Navarro Sandalinas, no seu libro La enseñanza primaria durante el franquismo (1936-1975). (Barcelona: P.P.U. 1990), publica os seguintes datos :

“En 1964 un maestro barcelonés publica estas cifras, extraídas de la prensa diaria:

  • Un maestro gana, como sueldo inicial… 1.820 ptas/mes.
  • Un maestro gana, con 23 años de servicio… 2.037 ptas/mes.
  • Un maestro gana, a punto de jubilarse… 2.223 ptas/mes.
  • Una secretaria de. Caja de Ahorros… 8.833 ptas/mes.
  • Un peón especializado… 8.000 ptas/mes.”

Ademais, estaban obrigados de vivir na localidade na que tiñan destino e non sempre podían ocupar a vivenda que habitualmente estaba situada no edificio da escola ou preto dela. Esta situación precaria facía que moitos docentes completaran o salario dando clases particulares, facendo a contabilidade de empresas ou vendendo libros porta a porta.

Documentación complementaria:

Reverso do título no que se certifica a toma de posesión o día 25 de setembro de 1961, asinada por Don José López Froján, “Secretario de la Junta Municipal de Educación Primaria de Lousame”:

Nomeamento-Camboño-1961-Reverso

Nomeamento no Boletín Oficial do Estado do 26 de agosto de 1961:BOE-26-de-agosto-de-1961-Nomeamento