1961-1962: Un sistema educativo “nacional-católico” nacido en 1857

Escola-franquista

Durante o seu primeiro ano na escola unitaria de Camboño José Alberto atópase unha escola idéntica á que viviu como alumno a principios dos anos 40. Un sistema educativo nacido en 1857 coa publicación da coñecida como Lei Moyano, a Lei de Instrución Pública de 9 de setembro que, o 10 dese mes, sae publicada na Gaceta de Madrid:

A principios dos 60 a escola primaria remataba, no mellor dos casos, aos 12 anos e abría as portas a unha inmensa minoría á educación secundaria, á que se accedía con 10 anos. O bacharelato elemental duraba 4 anos e remataba cunha reválida. O superior duraba 2 cursos e tamén culminaba cun exame de grao. O proceso remataba cun curso pre-universitario dun ensino secundario elitista e fundamentalmente en mans de entidades privadas, sobre todo ordes relixiosas e academias preparatorias.

A pesar do intento non consolidado durante a II República de reformar o sistema educativo, a Lei Moyano sobrevive coas matizacións feitas no inicio do franquismo; nomeadamente, as da Lei de 17 de xullo de 1945 sobre Educación Primaria, publicada o moi sinalado día seguinte no Boletín Oficial do Estado:

Moi claro queda xa no seu preámbulo que “la escuela en nuestra Patria ha de ser esencialmente española. Y en este aspecto, la ley se inspira en el punto programático del Movimiento Nacional por el que se supedita la función docente a los intereses supremos de la Patria”. Unha idea que se remacha ao final desta introdución aseverando que “esta gran empresa […] significa la supervivencia del espíritu del Movimiento en el futuro de España a través de las generaciones infantiles”.

Pero aparte de “Nacional” e “Patriótica” a escola era, sobre todo, “Católica”:

“La nueva Ley invoca entre sus principios inspiradores, como el primero y más fundamental, el religioso. La Escuela española, en armonia con la tradición de sus mejores tiempos, ha de ser ante todo católica”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s