“Unitarias. Historia dun mestre galego (1961-1996)” nomeada aos Premios Mestre Mateo no apartado de Mellor Documental

unitarias2bmestre2bmateo2bgrande

“Unitarias. Historia dun mestre galego (1961-1996)” ven de ser nomeada aos premios da Academia Galega do Audiovisual, os “Mestre Mateo 2016”, na categoría de Mellor Documental. Grazas ás académicas e académicos, e a todas as mestras e mestres, alumnas e alumnos, que fixeron con nós esta viaxe polo que ocorreu e segue pasando nas escolas do rural galego.

Advertisements

Pase do documental “Unitarias” o sábado 13 de febreiro ás 20:30 en Lugo dentro do ciclo “Enxergando o país”

cartaz ciclo docs

O vindeiro sabado 13 de febreiro ás 20:30 horas terá lugar o pase do documental “Unitarias” dentro do ciclo “Enxergando o país”, organizado pola Asociación Cultura do País de Lugo.

Logo Asociación cultural Cultura do País

A proxección terá lugar no Lar da cultura do País (Carril das hortas 1) na cidade de Lugo:

Maps Cultura do país

Novo pase libre do documental “Unitarias” no espazo UNITARIA do barrio compostelano de San Pedro o xoves 3 de decembro ás 20:00 horas

Invitamos a todo o mundo a un novo pase libre do documental “Unitarias”, que terá lugar no espazo cultural UNITARIA do barrio compostelano de San Pedro o xoves 3 de decembro ás 20:00 horas. A proxección irá seguida dunha charla-coloquio entre o público e algunhas das persoas participantes na película.

unitaria-grafica-UNITARIASDOCU1@2x